jueves, 13 de julio de 2017

DARDO POÉTICO (XLVIII) A marabillosa sobriedade da poesía de Julio Rodríguez



Hai poetas que crean poemas cunha técnica tan depurada coma fría. Non me interesan demasiado.
     Hai poetas que buscan na artificiosidade chamar a atención dos lectores. Aparentemente demostran un dominio que agocha numerosas eivas. Son excesivos e os deixo fóra dos meus intereses.

     Hai outros que intentan chegar ás vísceras dos seus lectores polo camino máis fácil Empregan unha linguaxe pouco coidada, tocan temas que xa son universais (aínda que non o parezan) e procuran a venda inmediata cun público normalmente adolescente coma obxectivo. Para min non fan poesía e rexéitoos.

     Podería seguir dividindo en grupos a poesía e os poetas pero non vou seguir. Prefiro centrarme naqueles e naquelas que presentan un gusto exquisito á hora de utilizar a palabra poética. Que coidan temas e linguaxe con ideas, con transparencia. Que son conscientes que a poesía é un reflexo da vida. Que a poesía é celebración e unha maneira de coñecernos e ver as cousas dende o enriquecemento persoal que a palabra empregada con autenticidade e coherencia emociona, fai reflexionar, permite que medres internamente. Que rabuñe dentro dunha cierta sobriedade. Que un a sinta preto.

     Isto é, precisamente, o que eu sentín diante da poesía do poeta asturiano Julio Rodríguez. Unha poesía que me permitiu seguir amando a palabra e o que conleva. Amor, dor, morte e outros temas conviven no seu discurso dun xeito próximo e fascínate. En Julio Rodríguez, nos seus versos non falta nin sobra nada. Poemas sinxelos, sen foguetes que a nada conducen. Poemas que fulminan, que entran coma un dardo para removerte.
     

      Así me pasou no primeiro dos seus poemarios que lin, Naranjas cada vez que te levantas (Premio de Poesía Alarcos, 2007) e neste marabilloso e envolvente Doméstica, co que acadou o XVI Premio de Poesía Ciudad de Mérida e que publicou no seu momento DVD Ediciones.
     Por iso, quérovos convidar a que entredes neste universo poético tan chamativo. No universo dun poeta que sabe conter os poemas porque rexeita calquera artificiosidade. Porque quere penetrar no máis fondo das persoas. Atentos, ademais a Tierra batida (Visor) premiado coma estes dous dos que falo.

     


     Déixovos aquí un poema de Doméstica. Oxalá vos emocione como a min. Con poetas coma Julio Rodríguez, a poesía nunca perderá a esencia que lles reclamamos os que non podemos vivir sen ela.




LETRAS  PURAS


Metiéndote en mi lado de la cama,
mientras tientas mi nuca
con cinco dedos como cinco orugas,
me preguntas por qué
prefiero las palabras a los números.
No tardo en contestarte (es tan sencillo
seguirte el juego): “Escucha: prefiero las palabras
porque no son exactas; porque hacen malabares,
porque nadie conoce sus entrañas ni puede
despejar la ecuación de su significado;
porque mi herida es distinta de tu herida,
al igual que mi casa, mi vértigo, mi muerte;
porque dicen tu nombre y es a la vez el nombre
de otras muchas mujeres. Porque la vida, en fin,
es algo impredecible y asombroso
(la precisión es mala cosa).
Por otro lado (ya deberías saberlo
a estas alturas), nunca
se me dieron muy bien las matemáticas”.
Con esa ingravidez que te define
(los ojos entreabiertos del bostezo),
los dedos ya no orugas: mariposas),
das por buena la explicación, apagas
la luz y no hay palabras,
ni números ni falta que nos hace.


                                                              
                        

                                                                                                        ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO