sábado, 27 de mayo de 2017

DARDO POÉTICO (XLVI) O mellor do mundo son os nenos, di Pessoa




Xa falara deste libro de Fernando Pessoa noutro artigo. Pero, como non vou falar del outra vez se aparece mentres busco outras cousas e engaiólame o título? Claro que os nenos son o mellor deste mundo. O malo é que, demasiadas veces, non reciben a educación máis axeitada e o respecto que merecen.
     
         Semella que para os cativos e cativas vale calquera cousa. Series de debuxos de ínfima calidade, libros mercados (cando llelos mercan) sen criterio ningún, máquinas de xogos, contos que non se contan e, por se fose pouco, móbiles a unha idade que fai arrubiarse as persoas con sentido común
     
     
     Así que eu me sinto ben contento cando volvo a follear o libro Lo mejor del mundo son los niños, editado por Gadir, cunhas preciosas ilustracións de Teresa Novoa. A ilustradora consegue artellar un discurso cheo de vida, emocionante e que marabilla a quen repara nos seus debuxos. Enormemente suxestivas e cun tremendo poder de evocación.
     
     Un libro moi completo para que lean os nenos e para ler con eles e elas.
     
     


     E imaxino a Pessoa gozando mentres ía medrando escoitando boa música, o que axudou, estou seguro, a desenvolver axiña unha gran sensibilidade e unha enorme fantasía.
     
     Con sete anos escribiu á súa nai –que tocaba o piano- estes versos:



A MI QUERIDA MAMÁ

Aquí estoy en Portugal
en la tierra en que nací
por mucho que la quiera
aún más te quiero a ti.

     
     Fernando Pessoa viviu un tempo, sendo rapaz, en Sudáfrica, polo que aprendeu inglés, lingua na que escribiu a miúdo.
     
     Pessoa tivo unha personalidade enigmática e levou unha vida moi discreta, dedicado ao xornalismo, ao comercio, á tradución, pero, por riba de todo, á literatura.
     
     Foi un home de moitas facetas literarias. De aí eses desdobres, os heterónimos, á hora de asinar os seus poemas: Ricardo Reis, Alberto Caeiro, Álvaro de Campos, Bernardo Soares…que tiñan, cada un deles, un estilo de seu.

     Alégrame, e moito, esa fascinación que Pessoa posuía polo mundo dos nenos. Porque o noso poeta tiña a mirada de quen descobre o mundo acotío. Non nos pode estrañar que nalgunhas ocasións escribise poemas  para ou sobre os nenos. Aquí, neste libro, temos unha boa mostra de todo isto.
     
     Un dos seus poemas, titulado Libertad, leva un verso que di: “mas o melhor do mundo são as crianças”, que o tradutor deste libro, Ángel Campos Pámpano, versionou como “lo mejor del mundo es la infancia”, algo que sentía fondamente Pessoa.
     
     Leamos e gocemos con esta descuberta.



POEMA DE LAS PILAS

Todo el que tenga las manos frías
debe meterlas dentro de las pilas.
 
Pila número UNO,
para quien mueva lasa orejas en ayuno.

Pila número DOS,
para quien se bebe un buen filetón.

Pila número TRES,
para quien estornuda sólo media vez.

Pila número CUATRO,
para quien manda su hocico al teatro.

Pila número CINCO,
para quien come la llave del pestillo.

Pila  número SEIS,
para quien se peina con roscón de rey.

Pila número SIETE,
para quien canta hasta que el tejado se derrite.

Pila número OCHO,
para quien parte nueces cuando tiene arrojo.

Pila número NUEVE,
para quien se parece a unas coles.

Pila número DIEZ,
para quien pega sellos en las uñas de los pies.
Y, como las manos ya no están frías,
¡a tapar las pilas!




EL HADA DE LOS NIÑOS

De su lejano reino color rosa

volando por la noche
                         silenciosa,

el hada de los niños ya
               viene reluciendo.
Coronada de amapolas,

                    que cubriendo

su cuerpo entero,
  la vuelve misteriosa.

Se acerca ligera hasta el niño que duerme,

le pone en su frente una mano de nieve,

sus cabellos de oro acaricia:
y sueños lindos, como nadie tuvo,
el niño siente que en él se inician.

Y todos los juguetes se tornan
cosas vivas, y un cortejo forman:
caballos y muñecas y soldados,
osos y negros, que vienen, van y vuelven,
y rabeles tocados por payasos…

Y hay figuras pequeñas y simpáticas
que juegan y dan saltos y pasadas…
Mas llega el día, y, ligera y graciosa,
lentamente se vuelve la mejor de las hadas

a su lejano reino color rosa.


(Ilustracións de Teresa Novoa)