sábado, 24 de septiembre de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (LXXXVIII) Eva Veiga







                         EVA  VEIGA  (Ombre-Pontedeume, A Coruña, 1961)



2


non saber nunca como foi

que escuras
Eva Veiga
relacións traman
a nosa lingua

inventamos un xogo
co propósito máis ou menos firme
de comprender a súa infinda
complexidade

ou se cadra é o propio xogo
o que deseña as formas
que somos ti e máis eu

a imprevisión de cada instante
a sorprendida apertura desa pálpebra
a gran Necesidade

así todo queda sempre por dicir
mentres se di

lemos
simplemente lemos
as liñas da nos aman
no empeño suicida
de acertar



4

(infancia, ese lugar)

Estás aí.
Acaso aínda,
para sempre,
en min?
Sol irradiándose.
Por que persistes
así, luz
como se a dor
non te presenciara?




34

por riba das nosas cabezas
un corazón libre avanza
entre disparos



55

Presentación do poemario, gañador do XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense.
NALGÚN  lugar agochado
dos teus ósos
os vales láianse dunha lingua
esquecida. Un horizonte
de aves lilas esváese
sen contemplación. A terra parece
voltar á súa antiga soidade
como un animal repregado sobre si.
Da súa propia dureza aliméntanse
eses pasos que non se oen,
a alancada que nos deixa
caendo con todo o corpo cara atrás
e a esperanza cega e cara adiante
como sempre.




(Do libro Silencio percutido, publicado por Espiral Maior, 2016. XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense)