miércoles, 22 de junio de 2016

A POESÍA NO ROCK SEGUNDO ALBERTO MANZANO




Alberto Manzano leva ben anos mergullado nos grandes músicos do rock para achegarnos as súas biografías, as súas cancións e facer que os sintamos preto de nós.

Sempre amosou un agarimo especial por aqueles poetas que, a través das súas composicións, eran quen de escribir letras que tivesen un fondo poético evidente. Tal é o caso de figuras da categoría de Leonard Cohen, Bob Dylan, Patti Smith, Lou Reed, Tom Waits, Jackson Browne, Suzanne Vega, Neil Young, etc.

Periodista musical nas revistas Rockdelux, Ruta 66, Ajoblanco, El Europeo, adaptou ao castelán cancións dos devanditos autores, ademais de Hank Williams ou Jacques Prévert para Enrique Morente (Omega).

Desta volta preséntanos, en edición bilingüe, unha interesante selección de poemas e cancións que posúen contidos poéticos. O seu nome, Antología poética del rock, editada por Hiperión. Consciente de que a música moderna sofre unha saturación de versos de mala calidade, considera tamén que unha gran parte da mellor produción poética dos nosos días se expresa a través da música. Afirma que "actualmente, ninguén precisa publicar un libro de poemas para ser un poeta, pode facelo perfectamente a través da música". 


Alberto Manzano

Por todo isto, é unha verdadeira alfaia o volume que nos presenta. O prólogo, a selección, como xa dixemos antes, e a tradución das cancións corren da súa conta.

Imos poñer deseguido a versión de Alberto Manzano da fermosa canción "Blackbird" ("Merlo"), composta por Paul McCartney para o White Album dos Beatles que viu a luz en 1968.






MIRLO


Mirlo que cantas en plena noche
Coge estas alas rotas y aprende a volar
Toda tu vida
Has estado esperando este momento para alzar el vuelo


Mirlo que cantas en plena noche
Coge estos ojos hundidos y aprende a ver
Toda tu vida
Has esperando este momento para ser libre


Mirlo, vuela
Mirlo, vuela
Hacia la luz de la oscura noche más negra


Mirlo que cantas en plena noche
Coge estas alas rotas y aprende a volar
Toda tu vida
Has estado esperando este momento para alzar el vuelo


Macca interpreta en solitario esta canción no Festival de Glastonbury no ano 2004.