martes, 31 de mayo de 2016

A LUZ DAS PALABRAS ( 54 ) Baldo Ramos




Coñecín a poesía de Baldo Ramos aló polo ano 2009, cando caeu nas miñas mans un libro de poemas editado por Sotelo Blanco na súa colección Edoy Leliadoura. O seu título, Palimpsesto. 


Del lembro que me impresionara o poema seguinte:


CARTAS QUE FORON ADIADO ANTICIPO
beleza adulterada con palabras apócrifas

pedíchesme as cinzas e concedinche o ourego

pechaches as fiestras da soidade
e as radas do pracer socavaron as inguas

recuperaches a caligrafía do engano
cando non quedaba nada que poder calar
e comprendiches a tensión dos espazos baleiros
na ideoloxía da deserción
na breve opacidade
dunha luz que non se ve
nin nos comprende

   
      Logo me decatei de que estaba diante dun poeta que me ía interesar. Así foi. A obra deste licenciado en Filoloxía Hispánica, poeta e artista plástico pousou en min cun peso evidente. Unha obra singular, con poemarios compartidos e un volume fermoso e orixinal, CaRa inversa, en coautoría co tamén poeta Xosé Mª Álvarez Cáccamo.

     
Baldo Ramos  (Foto de Anxo Cabada)

Este celanovés ten no seu poder diferentes premios literarios e unha chea de exposicións plásticas en diversas galerías e museos do país, ademais de ser autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.
     Gocei, non hai moito tempo, co libro Trona, o merlo, no que pon a súa calidade plástica ao servizo dos poemas de Luís Valle, nun poemario que me pareceu dun grande interese en ambas facetas.
      
     

     O último libro que lle lin é Cartografía do exilio (Deputación da Coruña) do que quero poñer aquí este poema:



o tempo é unha metáfora da escrita.

descifrala é percorrer o labirinto da morte.

semella inútil desoír
os pasos que nos fixeron desandar
un camiño sen respostas.

a palabra é o formol que se destila
no alambique da nudez.


     

     
     Obviamente non podía faltar Baldo Ramos nesta sección d´”A luz das palabras”. Pedímoslle unha colaboración e moi xenerosamente  enviounos a seguinte “Homenaxe a Eugenio Granell”, que reproducimos cunha enorme satisfacción.





Baldo Ramos



O PAXARO PI | DIÁLOGO CON EUGENIO GRANELL | BALDO RAMOS

Penetrar en la selva fue tarea fácil. De pronto nos encontramos sumidos en la selva.
Tuvimos que recorrer un penoso camino, durante el cual se manifestaron los signos inequívocos del sueño y del terror. El caballo piafó y se encabritó cuando una serpiente cruzó veloz el campo, dividiéndolo en dos. De un árbol petrificado al que abrazaba un torrente de lianas, brotó un enjambre de arañas de león que tiñó de amarillo la luz de la luna.

Con todo, conseguimos avanzar.
Conscientes de que abondaban dúas letras para erguer a maquinaria celeste das nove cúpulas que soportan as contradicións do poema, entramos na noite coa certeza da bubela que desvela os segredos de Salomón e non pregunta.
O cabalo, exhausto, bebeu no río de leite e mel no que a linguaxe evita a antonimia e a compracencia.
E confiou na cegueira.
No territorio da cegueira, os reis camiñan a catro patas e ninguén se axeonlla diante deles.
Ignoran as regras da analoxía e iso impídelles dar cos camiños de acceso.
Algún sufriu a tentación do goberno, pero os paxaros de Farid Uddin Attar encargáronse de abortala.
Na cegueira, as raizames do primeiro voo poden rastrexarse a simple vista, se o paradoxo se interpreta dende o centro do padal e conseguimos que as malas linguas non delaten o celo da pantera.

Millones de minúsculos gusanos gaseosos nos cubrían los pies. Nuestras caderas se ornaban con transparentes flores líquidas, microscópicas flores aterradoramente voraces. Al devorarse entre sí nos causaban quemaduras y ásperas heridas en la piel. Sudábamos tierra. Allí había un lago de obsidiana derretida. Viscoso, caliente, movedizo, adormecido. Era la polución de la selva. Comprendimos: habíamos llegado.

O tambor do horizonte tensaba as nervaduras do amencer.
A luz era líquida como lava seminal que remonta a ollada primeira ata dar coa espiña dorsal da transparencia.
Mentres fervía o opio nas olas da consagración, unha muller con ollos de bubela abriu un libro en forma de mazá que ofreceu ós incrédulos que termaban da pedra circular da felonía.
Aínda escrito nunha lingua xa esquecida, a muller con ollos tinta soletreou o nacemento do Paxaro Pi, unha vez que considerou as consecuencias de ter falseado as escrituras da fundación da cidade e a interpretación do seu canto.

Pero ella, seca de sed de amor, divisó el aleteo circular del Pájaro Pí.
El Pájaro Pí con membranas de aceite de cacao.
El Pájaro Pí con antorchas de sabután trenzado.
El Pájaro Pí, que inocula chicha en las membranas de las hojas secas.
El Pájaro Pí, portero del canal que conduce a la selva.
El Pájaro Pí, coronado de silencios en punta.
Con una sola pluma, aunque sea muy tierna, el Pájaro Pí borra todas las huellas.
El Pájaro Pí, sedante.
A veces, el Pájaro Pí es grandioso y cálido como el rumor que emana del rocío.
El Pájaro Pí, tan amable, cuidó nuestro caballo.
Oh, gran Pájaro Pí, el caballo era un montoncito de granuladas. Sus cuatro patas, buen Pájaro Pí, eran cuatro raíces. Oh, Pájaro Pí de raíces aladas. Sus crines, las diminutas plumas del Pájaro Pí mismo.
El Pájaro Pí aulló y se desplumó.
Sólo fauces, el Pájaro Pí.
El Pájaro Pí, temblequeo de flechas y semillas.
No; el Pájaro Pí era –esto es lo que era verdaderamente-, era el húmedo secreto de la selva.

E na selva quedou para rendir contas do seu canto.
Paxaro Pi de afiados silencios de cristal.
Paxaro Pi que aniña entre as palabras que borrou o alzheimer.
Paxaro Pi que aprende na cartografía do baleiro, mesmo antes de asumir o retorno.
Dende a cantiga 103 de afonso X, o Paxaro Pi remonta o río da eternidade para corresponder co seu exilio.
Sente o roncexo delator do vento que o afastou do paraíso.
O paraíso primeiro.
O que ignora a linguaxe dos paxaros e evita a resposta ambigua do condenado a morte.
Pero hai outro paraíso.
E o Paxaro Pi coñece a súa cartografía ascendente, vertical como a complicidade coa sombra, como a tinta que delimita as voces que inxectaron de púrpura os misterios da fecundidade.

Todo se renueva. Todo continúa. Todo se repite. Todo sigue igual. El ciclón es ciclón, el volcán terremoto, la selva es el río, el río es el volcán, el día es el ciclón, la noche ya no es noche o sí lo es aún. Al manejar su máquina, el Pájaro Pí se extasía. Queda envuelto en un torbellino de visiones que juntan en los aires las cúpulas urbanas de Coria, Burgos, Guanajuato, Soria, Manila, Charleston, Valparaíso, Lima, Bogotá y Jerez de la Frontera vacío de dentistas y gitanos.
Reina el más estricto orden lógico.
Una vez fecundado el Pájaro Pí, que es pájaro-nube, que es pájaro-lluvia, que es pájaro-piedra, que es pájaro-espejo, su varonil palmera capital riega las tierras. La maquinaria de hojas, raíces, aves y luces no hace más que engullir crepúsculos y auroras.
Si aletea, el Pájaro Pí abanea el volcán.



sábado, 28 de mayo de 2016

PAPEIS RECOBRADOS ( 7 ) Poesía na carteira

   Foto de Anxo Cabada



     Que leva un na carteira? Eu, varias cousas. Entre elas, libros.
     Esta imaxe sérveme para falar de literatura, de poesía, de música.
     Nun artigo publicado n´A Nosa Terra escribo sobre estes temas que me apaixonan. Dou pistas.
     Como penso que están vixentes a día de hoxe, rescátoo do esquecemento e doulle aire.

     Se lle atopades algún beneficio, magnífico. Se non é así, apertas grandes e outra vez será.


                                     

                                          POESÍA  NA  CARTEIRA

                                                                
                                                                                                                                                             ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


 Soa o piano de Art Tatum e dialoga con el o saxo de Ben Webster. Gozo coa fermosísima peza “My one and only love”. Daquela, atopo nun caderno unha tarxeta cuns versos de Xosé Miranda do seu libro “As cidades mergulladas”: “O poeta/ é un mineiro/ e baixo da terra/ busca o tesouro/ que o rochedo/ encerra”.
     
Art Tatum
     
     E tanto que si. Non me deixan impasible estas verbas. E se falamos de poesía sinto que canto máis invisible, máis me gusta escribir sobre ela. Canto máis esquecida, máis preciso lembrala. Canto máis a ignoren, máis necesito poñerlle ás para que voe. Canto máis a agochen, máis desexo que vexa a luz. Cantas máis cadeas ou ferrollos lle poñan, máis chaves buscarei para liberala.

     Estando nestas cavilacións, entra pola miña ventá o gato poeta de Fran Alonso. Ese gato a quen non lle gustan os poemas rimbombantes , nin os pretensiosos, nin os aburridos. Ese que “non abriu un cabo e abriu a boca”. E o “gato poeta, togado, sentado, xurado, pesado, entregado, flipado” di que “un bo poeta leva sempre/ libros na maleta”.

Fran Alonso
     
     Deixando o de bo poeta, abro a miña carteira e dou con tres poemarios que, de seguro, lle gustarían ao gato, e moito.Por certo, este micho é o protagonista dun libro suxestivo e intelixente. Dun libro altamente recomendable: “O meu gato é un poeta”. Fran Alonso (Xerais/Sopa de libros). Unha agradable caixa de sorpresas para os que amamos a poesía. Ben, pois como dicía, reparo neses poemarios que me acompañaron ben tempo na carteira. Tres poemarios premiados en senllos certames. Un deles, de Juan Vicente  Piqueras, “La hora de irse” (Ed.Hiperión). O segundo, de Francisco X. Fernández Naval, “Bater de sombras” (Espiral Maior) e o terceiro, da mesma editorial, “Neve”, escrito por Lucía Novas.
     
     
Juan Vicente Piqueras

     Leo no primeiro deles: “Yo sigo tus huellas./ Yo cruzo el desierto pisando tus pasos./Cuando llego al sitio donde me esperabas/ tú siempre te has ido y ya sólo quedan/ ascuas en la lumbre, los restos del día,/ reinos nunca vistos, tu olor recordado,/ inventado a penas (…)”.

     


     No seu libro, Fernández Naval escribe este poema: “Constrúes o que afirmas amar/ coa arquitectura sutil/ das palabras bastardas./ As palabras, / esas pantasmas,/ en aparencia mansas”.

      En “Neve” atopamos versos coma estes: “A tarde perdida, o clamor da fraga,/ o rechouchío./ A chave/ sinala o círculo./ Hucha,/ viaxa ata as fontes/ do pasado./ A ave sacode as súas ás”.

     
Lucía Novas


     E un, que se emociona coa palabra poética cando é cálida, sente preto unha poesía directa, espida ás veces, que apunta á pel do ser humano.
    
     Poesía viva a que conteñen estes tres poemarios. Poesía que non se agacha, que rabuña nesa pel e deixa nela as súas pegadas, as súas feridas. Poesía que sacode para provocar reflexión.  Poesía que reinventa espazos humanos recoñecibles, que te sitúa, verso a verso, en diversas direccións. Que amosa o estritamente poético.
     
     Poesía de verdade que non xoga a facer viravoltas e arranca as máscaras de quen se oculta na sombra da vacuidade. Poesía que fai chiscadelos para atraer os lectores ao seu carón.
     Poesía que é un pouco bruxa pero que se instala no cotián, que se move entre a esperanza e a desesperanza.
     Poesía que aloumiña e, pola contra, chega a bater contra as rochas do corazón. Poesía que te permite respirar para desacougarte decontino.
     Poesía que sinala a miseria dos comportamentos humanos e, tamén, intenta facer visible a luz da vida.
     Poesía-imán.
     Poesía-clamor. Poesía-espellismo. Poesía na epiderme.

     Tres libros diferentes pero vencellados pola paixón controlada da palabra intensa. Algo que un, como lector, agradece nos tempos que corren, azoutados por tanta atrocidade.

     
Ben Webster

Pensado e escrito todo isto coas palabras que un precisaba escribir, hoxe tiña ganas de escoitar jazz. A necesidade de música é un fervoroso estado de ánimo. Calado o Cuarteto Tatum/Webster, volvo escoitar a Abe Rábade. Soa “Campo da estrela” e, cos ollos pechados, pérdome por este fermoso tema do seu disco “Open doors”. Unha delicia musical que paga a pena saborear.

     Cando remate, abrirei outra volta a carteira e novos poemarios virán  facerme compañía.




jueves, 26 de mayo de 2016

ESCAPARATE POÉTICO ( LXXXI ) Vicente Huidobro





VICENTE  HUIDOBRO  (Santiago. Chile, 1893 - Cartagena. Valparaíso, 1948)





Vicente Huidobro
ACTUAL



El cielo sacude sus camisas y cuenta los años en su voz
Cuenta las piedras lanzadas a su pecho
Y los árboles en sus sarcófagos torciendo los caminos
Piensa en su carne que se estremece
Al oír ese dúo de las noches tan diametralmente opuesto
Al oír las edades que tienen su edad
Como las flores de ida y vuelta

La noche se sienta a oír su cielo
Debajo del agua que aumenta por el llanto de los peces
Y todos esperamos con los poros abiertos
La aparición de la belleza sobre sus pies de espuma
Entre dos relámpagos boca abajo
Detrás del último suspiro de una flor sin espacio en el
   espacio
Y sobre el halo tembloroso de las manos que descorren
   los días
Hora tras hora descendiendo por la fiebre de los
   párpados
La aparición secreta haciendo temblar la tierra
La aparición que va bajando por los ojos




ALIENTO


 
El hálito del poema apaga todas las bujías del mundo
No hay más fósforos en el cielo ni en los bolsillos del
   viento
Hay el poeta y algo grande en torno suyo
Los astros del destino nadan sin ruido
Su aliento propulsor cambia la vida
Arrastra témpanos y borrascas encima del tiempo
Sus ojos leen la eternidad
Sus manos abren la puerta de las estrellas desconocidas
Y él espera arriba de la escala
El solo ante el absoluto

Un astro gira
Una campana suena
Una campana lanza sus dados sobre los destinos
Entre los hombres
Descienden pasos al fondo del alma
El azr cae sin emoción de los dedos celestes
Los arroyos desembocan en el corazón
Los ríos desembocan en los ojos
El infinito en la palabra
La palabra desemboca en la boca
En la lengua donde el cielo se acuesta
La eternidad se escapa por la ventana
Un misterio se realiza en el espacio
Los lazos se rompen los mares se desatan
Un mundo nuevo va a nacer

El pecho el azar la eternidad
El aliento del poema alumbra el incendio de los cielos
   que al fin ha comprendido sus verdad



                                 (Del libro Poesía última [Poesía reunida, 1941 – 1948], editado por Renacimiento. 2015)






domingo, 22 de mayo de 2016

"UN CONCIERTO MEMORABLE SIN MEMORIA", UN TEXTO MOI SIGNIFICATIVO DE PACO ABRIL SOBRE O EVENTO "PALABRAS CON ALAS" DE PACO IBÁÑEZ EN MADRID

Con Paco Abril, no intermedio do concerto no Teatro Nuevo Apolo de Madrid



Atoparme e darlle unha aperta emocionada a Paco Abril  foi unha das moitas alegrías que supuxo para min o proxecto de Paco Ibáñez,  Palabras con alas, cuxo primeiro acto tivo lugar en Madrid, Teatro Nuevo Apolo, os días 6, 7 e 8 de maio.
     
     Nel, ademais de desfrutar coas cancións míticas e intemporais do trobador

de orixe vasca, tiven a fortuna de compartir escenario con el e cos escritores Bernardo Atxaga, Luis García Montero e Joan Margarit. Case nada. Eu emocioneime recitando en galego.

Paco Abril con Paco Ibáñez ao remate do concerto
    
     Paco Abril é unha persoa interesante e intelixente, que ten unha prosa seria e punxente. Unha prosa que permanece no lector cando a le con atención. Unha prosa da que é imposible desfacerse se chega ao máis íntimo de cadaquén.

     Levaba algún tempo sen saudalo en persoa e levei unha grande alegría cando me escribiu un correo no que me contaba que marchaba a Madrid para asistir ao concerto do sábado.
     
     Abraceino no descanso e sentino emocionado. Encantáralle o formato do recital. Catro poetas que liamos en catro linguas e Paco cantaba unha canción en cada unha delas ao rematar cada bloque. Foi, a que nos demos, unha aperta sentida. Desas que chegan ben dentro. Fixemos fotos varias, volvemos falar ao remate do concerto e despedímonos con mágoa. Víaselle eufórico e feliz.


     
     Todos sabemos que os medios de comunicación, os máis “representativos”, silenciaron estas tres xornadas históricas. Nin media liña, nin unha imaxe representativa do evento. Paco Ibáñez e a diversidade lingüística molestan neste país pseudodemocrático. Non teño a máis mínima dúbida.
     
     Non falaramos deste tema, pero Paco Abril, como xa dixen, é un home intelixente e, xaora, decatouse de tan ruín manobra.
     Uns días despois recibín un texto magnífico, deses que semellan contar unha simple anécdota, pero gardan moito máis entre as súas liñas.
     
     Encantoume e axiña decidín preparalo para amosárllelo a todas as persoas que len Versos e aloumiños. Persoas, por certo, abertas á realidade, críticas e sensibles que, estou seguro, van gozar del como eu gocei ao lelo.

    
     Grazas, Paco, de novo, por estas liñas tan vivas, acertadas e necesarias. Non esquezas que este blog-revista está a agardar os teus textos con ilusión.



                                 Un concierto memorable sin memoria

                                                                                                    Paco Abril


El sábado 7 de mayo me fui a Madrid utilizando ese nuevo y estupendo sistema de viajar llamado Bla Bla Car. Me parece muy sugestiva la idea de unir la onomatopeya de conversar con la de ir de un lugar a otro en coche desconocido. Me trasladé a la capital para asistir al concierto del gran Paco Ibáñez en el teatro Nuevo Apolo, al que acompañarían, recitando sus poemas, cuatro destacadísimos poetas: Luis García Montero, Bernardo Atxaga, Antonio García Teijeiro y Joan Margarit.
Dio la casual casualidad de que, en una taberna, tuve la ocasión de conocer a un profesor finlandés que hablaba un dignísimo español. Se llamaba Vieno, que en su lengua significa “suave”.  Me preguntó qué era lo que se podía ver ese día en Madrid. Le informé del concierto al que pensaba asistir.
Nada más oír el nombre de Paco Ibáñez me asombró cantando bajito, con pudor extranjero, “Palabras para Julia”. Pude comprobar que era un enamorado de la poesía y de quienes cantaban a los poetas.
Al despedirnos, me aseguró que haría todo lo posible por acudir a ese concierto.
Más casualidades: Lo volví a encontrar el domingo al mediodía, mientras tomaba un bocadillo unas horas antes de retornar a Gijón. Él también regresaba a su país. Nuestra conversación tuvo que ser forzosamente breve. La transcribo.
–Es un placer volver a verte, Vieno.
–Y para mí también. Quería reencontrarme contigo para darte las gracias. Fui al concierto que me recomendaste. Conseguí una entrada por los pelos. Me pareció uno de los espectáculos más impresionantes que he visto en mi vida. Y he visto unos cuantos. Fue sensacional ver a Paco Ibáñez con 82 años cantando poesía con una energía que ya quisiera para mí. A ti te vi de lejos en el descanso. Estabas en animada charla con el poeta gallego Antonio García Teijeiro que, por cierto, me entusiasmo cómo declamó sus poemas.
–A mí también me pareció un concierto memorable, de esos que hacen historia.
–Esta mañana, le pregunté al conserje del hotel cuáles eran los tres periódicos más importantes; los compré para llevárselos a unos amigos a los que también les hubiera encantado disfrutar de ese recital.
–Yo todavía no pude leer la prensa. Supongo que le dedicarían un destacado espacio, dado el llenazo que había tenido el teatro y la fabulosa actuación, tanto de Paco Ibáñez como la de los cuatro poetas que lo acompañaban.
–¿Sabes lo que apareció en los periódicos? ¡Asómbrate! ¡Nada, absolutamente nada!
–¿Nada? ¡Es indignante!
–Yo, más que indignación, sentí vergüenza ajena. Tanta vergüenza que arrojé los periódicos a la basura. ¿Cómo es posible que a un acontecimiento tan memorable se le quiera dejar sin memoria?
Y ya no pudimos hablar más. Nuestros caminos se separaron, pero también se unieron, pues no hay lejanía que no pueda unirse con palabras.



jueves, 19 de mayo de 2016

BREVE HISTORIA DE LAS RADIOS FRONTERIZAS

Recupero hoy para Versos e aloumiños un artículo que hace ya varios años publiqué en otro lugar y que se basa en mi lectura de Border Radio, un libro escrito por Gene Fowler y Bill Crawford que repasa la rocambolesca historia de las radios fronterizas que en los años 30 del siglo pasado operaron en los límites territoriales entre Estados Unidos y México, unas emisoras pintorescas que, al tiempo que ofrecían entretenimiento a millones de personas debido a su elevado número de vatios, eran también refugio de charlatanes que buscaban aprovecharse de su enorme audiencia de las maneras más audaces.

Hubo un tiempo, en los albores de la radio comercial, allá por finales de los años veinte y principios de los años treinta, en el que la legislación sobre la radiodifusión en Estados Unidos, México y Canadá no estaba tan definida como en nuestros días. Si bien el gobierno estadounidense estaba realizando intentos de controlar el caos de frecuencias radiofónicas, entonces imperante, a través de diversas leyes y propuestas de ley, el vacío legal era enorme al sur de la frontera. De ahí que varios empresarios estadounidenses, cansados del control gubernamental en su país, decidiesen establecerse al sur del Río Grande, creando emisoras de gran potencia que pudiesen escucharse a lo largo y ancho de los Estados Unidos.


El doctor Brinkley
Como se puede leer en Border Radio, estos empresarios pioneros eran mayoritariamente “charlatanes, cantantes de yodel, vendedores y futurólogos” que utilizaban las ondas hertzianas para anunciar todo tipo de tónicos, promociones y servicios médicos que hoy en día se encontrarían dentro de la más absoluta ilegalidad pero que por aquel entonces enriquecieron enormemente a sus artífices. Tal es el caso del Dr. John R. Brinkley, director de un hospital especializado en transplantes de testículos de cabra, operación que supuestamente proporcionaba mayor energía sexual al paciente. O el de Norman Baker, quien aseguraba haber encontrado una cura para el cáncer y que por un módico precio trataba en su hospital a cualquier paciente que se lo solicitase, incluso a varios que no sufrían la enfermedad. Todos ellos aprovechaban la descomunal potencia de estas emisoras fronterizas, que utilizaban frecuencias de hasta 500.000 vatios en un momento en el que las radios más potentes de Estados Unidos emitían a un máximo de diez mil o cincuenta mil. Así, estas emisoras situadas al sur de la frontera llegaban a escucharse no sólo en Estados Unidos y Canadá, sino también en partes de Europa y Asia. Como se puede ver, radios como XERA o XET constituyen lo más cercano a nuestra actual internet que existía en la época.


"Pappy" O'Daniel
El fenómeno de las emisoras fronterizas resulta de enorme interés para el desarrollo de varios estilos musicales, y especialmente de la música country, por cuanto algunos de los mejores cantantes del género en los años treinta, desde la Carter Family a Cowboy Slim Rinehart, llegaron a tener sus propios programas en la frontera, aprovechando las grandes posibilidades que estas radios ofrecían. Una de las personalidades country que más rentabilizaron la capacidad comunicativa de estos gigantes de las ondas fue W. Lee “Pappy” O’Daniel, un empresario dedicado a la harina que pronto descubrió sus dotes para hablar a través de un micrófono. Además de cruzarse con Bob Wills y Milton Brown en los inicios de las carreras de estos dos grandes del western swing (una muy atractiva mezcla de country y jazz que causó furor en los años 30 y 40), Pappy fundó un grupo country llamado los Hillbilly Boys, y gracias a la popularidad de sus emisiones accedió al puesto de gobernador del estado de Tejas y no tardó mucho en ocupar un escaño en el Senado de los Estados Unidos.


El "buen vecino" Paul Kallinger
Otro de estos pintorescos empresarios que utilizaron la potencia de las emisoras fronterizas fue Paul Kallinger. Se presentaba ante su audiencia como “your good neighbor along the way”, el buen vecino que todo el mundo quisiera tener, pero sin duda no demostró sus dotes de buen vecino (ni su olfato para el talento musical), pues en cierta ocasión denegó al mismísimo Elvis Presley una entrevista en uno de sus programas por considerar que su música no era lo suficientemente country. Sin duda, en un momento en el que la radio comercial abrazaba con reservas el country, el papel desempeñado por estas emisoras fronterizas en la popularización del género no debe ser obviado. No en vano, Webb Pierce, uno de los artistas country más importantes y populares en los años 50, dijo en una ocasión que la historia de esta música no habría sido igual sin la presencia de estas border stations. Tras la Segunda Guerra Mundial, y a pesar de los intentos de los Gobiernos mexicano y estadounidense por legislar de manera más severa para acabar con este tipo de emisoras, las radios fronterizas no desaparecieron, y a principios de los sesenta, figuras legendarias como Wolfman Jack las mantuvieron en el aire.


Wolfman Jack, pirata de las ondas en los sesenta

En suma, Border Radio es un libro verdaderamente recomendable, fruto de un ingente trabajo de investigación muy serio y bien realizado. Pero además, es también un libro de agradable lectura que nos introduce en un mundo pintoresco y muy interesante que sería impensable en estos años de cable y televisión digital. Por la especificidad de su tema, dudo que llegue a publicarse en castellano, pero quien tenga la oportunidad de encontrarlo en internet o en alguna librería española que venda libros en inglés, no debe dejar de leerlo.

                                                     ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ


La emisora XERA, en Del Rio, Tejas, con sus descomunales antenas de 500.000 vatios

martes, 17 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA AMABA FONDAMENTE OS NENOS E NENAS DE GALICIA

Manuel María



Sen coñecer a súa figura, a súa obra, non sei se tería chegado a escribir tantos poemarios para os pequenos (e non tan pequenos).
     
      Os soños na gaiola significou para min a constatación de que aos nenos e nenas lles gusta a poesía. Camiñei a través dos seus versos para ir deixando no meu alumnado de hai máis de trinta anos a semente da poesía.
     
    



      Coñecelo foi un pracer.
     
     Compartir algunhas mesas redondas  con el e, sobre todo, deixar no aire os meus versos xunto cos de Manuel María, nun recital conxunto cheo de vida nun colexio vigués , algo que marcou definitivamente a miña vida de escritor. Tratoume con moito agarimo e foi moi amable na opinión que deitou sobre os meus versos. Eu voaba coas súas palabras.
     
Con Manuel María. Ano 1992?


     Eu, que tanto bebera da súa obra, compartindo voz e espazo co mestre, a quen tanto admiraba.
     E non me defraudou. Manuel María estaba sempre á beira das persoas para clamar, coa súa elegante voz (todo nel era elegante), pedindo xustiza social, recoñecemento da nosa lingua e deixar claro o que Galicia tiña que significar na sociedade do seu tempo (que segue a ser este).

     
     El era, sobre todo, un escritor transparente, que aborda todos os xéneros literarios: teatro, ensaio, narrativa, poesía e crónicas xornalísticas. Un escritor pleno. Un escritor cuxa poesía abrangue todos os temas que  se poden dar. Porque, malia todo o dito, será a poesía o xénero no que Manuel María se centrou para expresar as súas necesidades como ser humano que berra.

    
Como moi ben afirma Manuel Veiga no seu libro Manuel María, buscando un país, o noso poeta ten unha elevada conciencia de si mesmo, como todos os grandes escritores . Para entendérmonos, é o contrario da persoa que está en Babia. (…) Esa autoconciencia proporciónalle unha voz de autor inconfundíbel. Pero,ao mesmo tempo, en demasiados casos, a súa obra non é autónoma, cando menos na medida en que se lle acostuma pedir modernamente á literatura, porque se identifica demasiado cos deberes, reais ou supostos, da propia patria. Ás veces é coma se non quixese exercer de Homero, o poeta, senón de Aquiles, o mellor soldado, o guerreiro .
      
     Interesoume sempre a poesía e mais a actitude do poeta. E sentín decote a tenrura de Manuel María para escribir poemas infantís. Unha poesía con vocación de ensinar, de concienciar e de intentar que a rapazada puidese sentirse ben próximos á paisaxe, aos animais, aos trebellos utilizados nos labores do campo, ao tempo atmosférico, aos paxaros, aos seres humanos, á terra…
     
     
     
     Esas foron algunhas das causas que me permitiron achegar a poesía aos meus alumnos  cos versos de Manuel María baixo o brazo e posteriormente cos meus.
     
     Poesía directa, limpa, punxente ás veces; poesía próxima, chea de vida e de cor (dende as cores grises ata as máis brillantes); poesía reivindicativa, visualmente rica. Poesía que arrecende a Galicia e vai talvez un chisco máis alá.

    
Carta aos nenos coa que comeza "Os soños na gaiola"
       
     Sobre todo Os soños na gaiola, mais tamén poemas d´As rúas do vento ceibe, o pequeño lector séntese cómodo entre os versos, conmóveno e nota a man aloumiñadora do poeta, que sabe, a través da palabra cálida, como entrar no máis íntimo dos lectores e lectoras.

     
     Nunca esquecín aquel día en que o patio do centro escolar "San Xosé da Guía" se encheu das nosas palabras (principalmente das del). Sigo a escoitalo dicir os versos con pausas perfectamente elixidas, mirando os nenos cunha ollada profunda, empregando un ton engaiolante, calmo, pero cunha forza indescritible. A énfase coa que pronunciaba as palabras deixounos abraiados. Sentinme pequeno ao seu lado, pero aprendín moito. Foi un auténtico pracer, unha honra. Aí,á miña beira, estaba o home que me sinalou os camiños que debía seguir. Debía de ser o ano 1992.
     

     
     El non se trabucou no camiño que abriu.
     Eu, tampouco.
     Os seus poemas non perderon vixencia; os meus foron medrando ano a ano, libro a libro, e síntome moi orgulloso. Ambos os dous amamos os nenos e nenas. 

     

     
     De aí a carta que serviu de prólogo a “As rúas do vento ceibe”. Lede as liñas coas que comeza:  
     “Moi queridos nenos:  Velaquí o meu segundo volumen de versos para nenos galegos. Tiña que ser. Este servidor, con case medio século ás costas que me florea nas barbas, sentiuse na obriga e sobor de todo na necesidade de escribir de novo para os nenos. Para todos os nenos galegos e dun xeito particular para os nenos da cidade, un tanto esquecidos no outro meu libro para rapaces, Os soños na gaiola” (…) E remata con “ se estes poemas, sinxelos e simples, vos deprenderan a amar a nosa patria Galiza, este voso vello amigo sería o home máis feliz do mundo. Moitas grazas unha vez máis.”
      
     Corría o ano 1978 e a poesía de Manuel María dirixida aos nenos, cargada de cero didactismo consciente, volvía ser un elemento para ter en conta nun eido ermo. El mesmo afirmaba –algo discutible, pero auténtico- que “ a poesía que non ensine algo –o que sexa- non é poesía”.
     

     Así que neste “Día das Letras Galegas” quero salientar a importancia dos poemas que o noso poeta escribiu para a rapazada. Sen eles, estou seguro, moitos non nos animariamos a escribir para eles.
    


OS SOÑOS NA GAIOLA este poema dedicado a Galicia.

Galiza docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñsdora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Se buscas a Galiza

en ti tes que atopala!

Así me dedicou a primeira edición d´"Os soños na gaiola".