miércoles, 12 de agosto de 2015

VERSOS COMPROMETIDOS DE MARIANO CORONAS. CANDO AS MAPOULAS FLORECEN NOS FOXOS...

Con Mariano Coronas en Baeza diante do busto doutro inconformista: Antonio Machado.


     Recibo un correo do meu querido e admirado Mariano Coronas Cabrero.
     
      Como tantas persoas comprometidas, está farto de que se fale 
            da Lei da Memoria Histórica e que sigan estes lamentables  
                    (des)gobernantes que temos a incumprila e a ignorala.

     Mariano, ben o sei, ten alma de poeta.
     
     De feito, pon en verso moitas das inquedanzas que viven dentro del.
      
     Rexeita e dálle ben noxo a falta de respecto que eses elementos manipuladores, que nos desgobernan, mostran cara a algo tan fundamental, coma a reparación que merecen tantas persoas que caeron na defensa da legalidade democrática. Que deron a súa vida, non o debemos esquecer. 

     Quizais, meu amigo, esta xente do PP sabe pouco (ou nada) de democracia.
Retiro o “quizais” e afírmoo. E non erro.

     Pois Mariano puxo no facebook, hai unhas datas, estes versos profundos e cargados de sentimento. Acompañounos coa fotografía que podedes ver onda eles.
     
     Versos e aloumiños  séntese moi honrado de reproducilos deseguido.


     
     Grazas, Mariano, polo teu labor inxente e cheo de significado que nos dignifica a todos.




Por algo las amapolas
florecen en las cunetas...;
con el color de la sangre
una injusticia recuerdan.
Son muchos años de insultos,
de cruel indiferencia...
Los muertos siguen llamando
desde el fondo de la tierra.

                                                                Mariano Coronas Cabrero