lunes, 10 de noviembre de 2014

DEDICATORIA ENTRAÑABLE NUN LIBRO DE MICHEL TOURNIER.




     Estaba enriba dunha mesa.
      
     Era un libro da editorial Alfaguara. Un libro daquela colección memorable de narrativa azul e gris, deseñada por Enric Satue. Aquela colección que introduciu no noso país escritores e escritoras da categoría de Miguel Torga, Günter Grass, J.M.Coetzee, Wole Soyinka, Peter Handke, Paul Bowles, Patrick Modiano, Elizabeth Jolley, Christa Wolf ou William Boyd entre tantos outros.
      
      Este, que estaba encol dunha mesa pequeniña, era de Michel Tournier  (Que gran libro Os meteoros!) con debuxos a lapis de Jean-Max Toubeau. Fermosos, en verdade. O seu título, El vagabundo inmóvil.
      
     Había tempo que o tiña despistado, se así podo referirme a un libro. O certo é que o vin. Collino e abrino. Tiña unha marca cun papel amarelado na páxina 33. Aí quedara dende o ano 1989.
      
     Nestas estaba cando, pasando as follas, cheguei ás  primeiras páxinas e con sorpresa descubrín que estaba dedicado.
      
     Poñía isto a dedicatoria:

      
     
     Emocioneime.  Ano 89, San Antonio de Padova. Dous cativos con menos de sete anos van á libraría coa súa nai e mercánme de agasallo unha obra ben curiosa de Michel Tournier, de quen eu xa tiña algún volume máis.
      
     Vinte e cinco anos máis tarde dou co libro e decido rematalo e gozalo.
      
     El vagabundo inmóvil está composto de textos curtos pero moi intensos. Reflexións, frases de autores que lle din algo que desexa compartir ( Goethe, Kipling, Flaubert, B. Shaw), algunhas fábulas etc. Variedade  ben rica.
      
     Hai nos textos unha fascinación evidente polo mundo da infancia, pola  actualización de mitos antigos, polos diálogos breves  ateigados de ironía, polas referencias aos clásicos… todo isto escrito dunha maneira sobria, precisa e, tamén, apaixonada.
      
Eses dous cativos coa miña andoriña. Como pasa o tempo!
     Unha vez máis Tournier ofrécenos nestas páxinas o seu gran talento de contista. Nesta ocasión, ademais, acompañado na súa viaxe polos debuxos moi vivos e serenos de Toubeau.
      
     Ano 2014. Eses dous cativos que dedican e asinan o libro xa non son cativos. Son dúas persoas ricas (humanamente), honestas, creativas das que seu pai está moito máis que fachendoso.
     
Michel Tournier
     
                  Leamos algúns textos de Michel Tournier contidos en El vagabundo inmóvil


     La primera vez que fui al colegio era, claro, una academia privada, academia Saint Louis, que existe todavía en la rue Monceau. Iba allí en coche con un chófer de librea, cristal de separación y teléfono para dar ódenes. Este cortejo me parecía natural, igual que mis guantes blancos y los zapatos de ante. Es un rasgo biográfico que tengo en común con Jaurès y Lenin. Pues de las infancias ricas salen los buenos revolucionarios, lo mismo que de las infancias pobres salen los rebeldes, es decir, los malos revolucionarios.

 

      
     Niño. G.T., profesor, me cuenta que una vez en que sus alumnos rellenaron un cuestionario, un niño africano, negro y silencioso como el ébano, escribió: “Profesión del padre: rey.”





     El hecho de que yo tenga una viga en el ojo no es motivo para que no denuncie la paja que hay en el ojo ajeno.



     Una pequeña alumna de sexto me pregunta: “Cuando uno es poeta,  ¿cómo hace para que lo sepan los demás?

                                         

     Envejecer. Dos manzanas en un estante para el invierno. Una se hincha y se pudre, la otra se reseca y se convierte en polvo. Elegid, si podéis, esta segunda vejez, dura y ligera.



       
                                                                                                                                  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO