miércoles, 29 de enero de 2014

"QUEDA LA MÚSICA", UN POEMARIO DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO QUE SE PRESENTOU NUNHA TARDIÑA MÁXICA




O pasado xoves, día 23 de xaneiro, presentouse, na libraría  viguesa “Librouro”, o poemario de Antonio García Teijeiro, Queda la música.

Resultou un acto entrañable, no que interviron as seguintes persoas:

Asunción Carracedo, editora de “Amigos de papel”, abriu o acto falando da editorial que dirixe, cales son os seus obxectivos e salientando o agasallo que o seu home, Eugenio Castro, lle fixo: unha editorial. Así de simple e de marabilloso. Deseguido,  presentou ao escritor e xornalista Álvaro Otero e ao poeta Juan Carlos Martín Ramos.

Asun Carracedo, directora de "Amigos de Papel", abre o acto.

Álvaro Otero, novelista, falou do autor, de quen é amigo, entrou nos poemas do libro e, mesmo, recitou algúns deles dun xeito maxistral. Aproveitou un deses poemas para lelo coa música de Mozart de fondo. O minué do poema e o do xenio de Salzburgo danzaron durante uns segundos que se fixeron máxicos.


Juan Carlos Martín Ramos, deleitou o público cun texto fermoso, cheo de humor, de emoción e de intelixencia.

Juan Carlos Martín Ramos presenta "Queda la música".


Velaquí, un pequeno fragmento do mesmo:
      

      Cabría preguntarse entonces: ¿es un libro de poesía o es tal vez una caja de música?
Hagamos la prueba. Lo abrimos por una de sus páginas y se escapa el zumbido de un moscardón de las cuerdas de un violonchelo. Lo abrimos por otra página y podemos escuchar cómo un árbol toca el piano del viento con las ramas de su mano. Estamos leyendo el libro en la paz de nuestro sillón de orejas y, de pronto, nos levantan del asiento las animadas canciones de cuatro melenudos de Liverpool. Creemos estar llegando al punto final y, sin previo aviso, aparece bajo la luz de la lámpara una pareja con peluca dieciochesca bailando un minué.
Ya lo tengo claro. ¡Es un libro de poesía! Porque sólo en un libro de poesía las cuerdas rotas de un violín pueden sustituirse por las estelas que dibuja en el aire el vuelo de las golondrinas. ¡Es un libro de poesía de Antonio García Teijeiro! Porque sólo en un libro de poesía de Antonio la música puede ser, además del tema central, el alma de cada uno de sus versos.
¡Ya he dicho que lo tengo muy claro! ¡Es una caja de música! Porque esconde un laberinto mágico de imágenes, sonidos y emociones, una maquinaria secreta que se despierta al levantar la tapa de cada poema (…)


Unha ilustración de Tesa González e un poema de Antonio García Teijeiro.

E despois, Martín Ramos pediu a colaboración de Lurdes López (“también mi compañera de tantas otras cosas que me llevaría toda una vida contarlas.”) que con bonecos, monicreques cheos de vida, (La Bruja, La Juglaresa…) cantou tres cancións compostas por Juan Carlos e Lurdes, sobre poemas  de Queda la música. A súa actuación foi abraiante. Bonecos e Lurdes fundíronse de tal xeito que o público ficou entusiasmado pola voz, polos movementos que realizaba e pola simpatía da artista. Acompañada por Juan Carlos á guitarra  agasalláronnos  unha sorpresa feliz que cativou a todos.


Lurdes López, con La Juglaresa, cantan unha canción. Juan Carlos, á guitarra.

A continuación, Susi, a compañeira de García Teijeiro, leu un texto que Tesa González, a ilustradora e parte fundamental deste poemario, enviou para esta presentación. Velaquí un fragmento do seu texto:
Susi Fernández le as palabras de Tesa González.


…“Queda la música” no ha sido un libro sencillo de ilustrar. He querido alejarme de ilustrar notas y claves de sol por doquier, tan repetidas en la temática musical ilustrada. He intentado poner la música con el color, con pequeños gestos de los personajes, con fondos trabajados, con contrastes en los tonos…He intentado poner mi música.
Interpretar y contar una narración con colores, imágenes y elementos gráficos es mi trabajo. Ilustrar poesía no es fácil y a un grande como Antonio menos. Leer sus poemas era ya música en si. Les invito a que lo prueben y no se olviden de los espacios, sus silencios, importantísimos en  el  ritmo de su poesía.  Ha sido un reto y un placer ilustrarle (…)


Outra ilustración de Tesa e outro poema de Antonio.

E, finalmente, falou o autor quen deu, en primeiro lugar, as grazas a todos os presentes por asistiren ao acto (uns, na mesa e outros, como público), facendo fincapé no feliz que estaba de ver na libraría tantos alumnos e alumnas seus. Comentou distintas opinións sobre o acto creativo (Einstein, Carl Philip Enmanuel Bach) recollidas, curiosamente, nun libro que estaba a ler de Alfred Brendel, un dos pianistas máis salientables da historia da música. Referiuse aos Beatles como portadores de liberdade persoal, aos que homenaxea no libro e foi dicindo unhas palabras sobre cada un deles. Leu un poema de Juan Carlos, como agradecemento pola súa participación nesta presentación e puxo punto final a un acto que deixou moi satisfeitos aos asistentes.
Antonio García Teijeiro, na súa intervención.

Ben, non exactamente, porque Juan Carlos Martín Ramos e Lurdes López fixeron un simpático e demoledor epílogo cos monicreques, no que non saíron moi ben parados os ministros Wert e Gallardón. Talvez o desprezo pola educación e a cultura, xunto coa (in)xustiza, que amosan  estes dous individuos, foron a causa deste dardo final.
Resulta moi gratificante que, nos tempos que corren, a música e a poesía sexan capaces de reunir a tantas persoas que vibraron e se emocionaron con todo o que ocorreu nunha libraría, entre libros e ilusións.

       
Antonio, ao remate do acto, cun grupo de alumnos e alumnas, aos que tanto quere.
                                                                 
 

 Velaquí unha imaxe do epílogo, que Lurdes e Juan Carlos prepararon para baixar o pano da función.
Tamén pecha esta crónica dunha tarde para lembrar.



Epílogo


                                                                                                                            X.V.R