domingo, 10 de febrero de 2013

Poesía visual. De Joan Brossa a Carles Cano


Joan Brossa
 A obra de Joan Brossa  (Barcelona, 1919 – 1998) quixo fuxir decote dun ambiente estático e recorrente ,como o que se producía na época na que el sentía a necesidade de escribir e dar con outros vieiros poéticos. Así que, houbo un momento no que os seus poemas van estoupar e provocarán unha  reacción impensada pero necesaria.

A súa poesía esixe ao lector ou lectora unha grande intuición e vivacidade, ademais de non pouca capacidade de xogo para saber que se agocha tras a súa máscara poética.
Brossa non contou, xaora, polo apoio da cultura oficilista catalana, que o silenciou e ignorou. Irónico, satírico, desmitificador, Joan Brossa foi creando unha  maneira de poesía recoñecible, surrealista e entrou, ademais, na chamada poesía visual. Manuel Guerrero que fai o prólogo da antoloxía máis completa de Brossa, La piedra abierta (Galaxia/Gutenberg), afirma que “cunha linguaxe simple e meridiana, o poeta descríbenos o proceso da escrita dun poema.” E noutro parágrafo, escribe: “Á diferenza da maioría dos poetas, Brossa non é autor dun libro principal ou dunhas obras determinadas  que poden chamarse esenciais. A obra de Joan Brossa caracterízase polo seu interese por amosar o proceso creativo de seu. Toda a obra do poeta barcelonés constitúe  unha unidade indisociable a unha existencia”.
Nunha entrevista feita ao poeta, aparecida en Libros Colgados, Brossa  di moito arredor da poesía visual, que hoxe nos ocupa:  Non é nin debuxo, nin pintura, é un servizo á comunidade. Se se esgota dependerá do talento da xente que a fai. Aquí non hai un código, estás  a peito aberto.
Afirma, tamén, que “ a poesía visual é filla do noso tempo no que as artes visuais están moi
instrumento da sociedade de consumo nas mans do artista.  Non ten que ver coa ética da sociedade de consumo. É máis, esta xera unha linguaxe que pode utilizar o poeta  dun xeito ético. Nace, penso, a causa da importancia que ten a imaxe no noso mundo. De feito, é volver aos pentagramas. É preciso reencontrar na imaxe das letras o rastro dunha figuración perdida. A poesía visual é un pouco poesía expresiva. DE escribir unha cousa a describila hai un paso.”
E remata dicindo: “A miña poesía visual está feita de correspondencias que dan como resultado a sorpresa da imaxe ou do obxecto. Digo todo isto agora, analizando o traballo feito; cando o fago, non o penso tanto” (Fonte:ubiku)


 ALGÚNS POEMAS DE  JOAN BROSSA


DOS POEMAS
  Natural                               Lebeche
  torrefacto                          sur
  corriente                           mistral
  superior                            tramontana

Molinillo de café.              Molino de viento.


HISTORIA

Aquí es un hombre
Aquí es un cadáver
Aquí es una estatua.


NOCTURNO

La gente que en teoría
se abandona en las manos de un
poder trascendente, en la práctica
cae en manos de los funcionarios
de una Iglesia.


VIAJE

El poema
se pone en movimiento
y os mete por la boca
de un túnel.

Lunes
martes
miércoles
jueves
viernes
sábado

Aquí
el poema se detiene
para que bajéis y salgáis
a la luz del día.

                                         (Do libro El Tentetieso . Plaza & Janés)


MOLT diré                                                         MOITO direi
callant en aquest poema.                              calando neste poema.
Que el silenci s´emporti la paraula   Que o silencio arrastre a palabra
a la profunditat.                                              á profundidade.
    
             (Do libro Poemes civils. Antoloxía La piedra abierta)





DOUS POEMAS VISUAIS DE JOAN BROSSA


  
 


                                                           




 Dende Joan Brossa dirixímonos a  a un escritor valenciano que xa coñecemos: Carles Cano.
Unha das persoas que é do máis variado e completo nos seus planteamentos literarios, consegue crear marabillosos e suxestivos poemas visuais.
 Carles Cano ten a súa propia visión deste xeito de concibir a poesía :  A poesía visual é unha arte intermedia, fronteiriza, onde se mesturan, converxen, tócanse a imaxe e a palabra. E o mesmo que sucede coa poesía convencional, a poesía visual pretende emocionar, conmover, facer sorrir… utilizando os recursos da retórica clásica: a metáfora, a comparación, a ironÍa etc…, pero facendo servir como materias primas as imaxes ou obxectos no canto das palabras e os versos e os versos. A palabra, o título, tamén ten un papel salientable, porque acaba de arredondar o sentido, a dirección do poema, demarcándoo e delimitando o seu significado (…)

Penso que a definición ofrecida por Carles Cano está moi clara. E nada mellor que reproducir aquí, uns cantos poemas visuais del, a partir dunha baralla, moi, moi especial, chamada Cartes de Carles Cano.  Gozade destes poemas tan intelixentes.



POEMAS VISUAIS DE CARLES CANO


Diálogo de ricos
Ataque ao corazón
Borracheira
Des Cartes

Ciúmes


Carta de amor


                           ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO