miércoles, 9 de enero de 2013

A luz das palabras (1): Juan Kruz Igerabide

Con este título, imos dar comezo a unha serie de artigos e/ou mostras literarias daqueles escritores/ as que, polo que teñen que dicir sobre literatura, libros e demais, poden ser de interese dos lectores.
Haberá autores e autoras de todas as linguas do Estado que, libremente, reflexionarán por escrito sobre aquilo que lles interese, preocupe ou divirta.  Agasallarannos, tamén, con mostras literarias para un mellor coñecemento da súa obra. Ou, mellor dito, abrirán a porta das súas casas para que entremos nelas e coñezamos mellor o que escriben.

Comeza esta serie, o poeta vasco Juan Kruz Igerabide, home sensible, honesto, bo coñecedor da poesía, comprometido coa súa lingua e unha das referencias esenciais da poesía para nenos de todas as idades, adultos incluídos.

Coñecín a Juan Kruz, este é o seu nome, nunhas Xornadas en Donostia. Igerabide, este é o seu apelido, logo amosou a súa humanidade e foi moi doado conectar con el. Máis tarde veu a experiencia marabillosa de Trobalinguas, promovida por Sara Moreno cun enorme entusiasmo. Catro poetas: Miquel Desclot (en catalán), Juan Kruz Igerabide (en éuscaro), Ana María Romero Yebra (en castelán) e eu mesmo (en galego) percorremos moitos lugares de España e, incluso, Lisboa onde se sumou Jorge Letría, recitando poemas nas catro linguas, ademais do portugués na cidade lusa. Foi unha experiencia conmovedora, gratificante, na que se demostrou que existe máis sensibilidade cara ás linguas que se falan  en España da que moitos se empeñan en manipular. Trobapaz foi o segundo proxecto de similares características. Nel foi engadido o árabe cos poemas de Abdul Hadi Sadou, pero a crise non permitiu tantos recitais como no proxecto anterior.

Foi unha mágoa, porque todos sentimos que estabamos sumando sen perder, en ningún momento, as características lingüísticas nin a maneira particular de escribir poesía. Aprendimos moito con estas dúas actividades. Nas distintas viaxes por España, a miña amizade con Juan Kruz seguiu medrando e hoxe en día está máis que consolidada. É un gran poeta, pero, sen dúbida, é unha persoa dunha amabilidade sen par. Magnífico conversador un pode estar escoitándoo e deixar que o tempo pase.

E isto é o que aporta a esta sección que nace con intención de descuberta e para que os lectores e lectoras profunden nas ideas de persoas que teñen moito que dicir.



Poética/mina/da


He tomado partido por la poesía, poesía hasta mancharme, enfangarme, no hay donde hacer pie, nado en el lodo, una brazada, otra, me elevo por momentos, caigo, plof, sigo nadando, me elevo de nuevo, se seca el barro al sol, cruje mi piel, me voy desescamando, brotan alas, llueve bajo una nube minúscula, bebo, me dejo caer en picado al barro, a repetir la operación, no maldigo la poesía de quien no toma partido, sino maldigo al partido que no toma poesía, poesía hasta mancharse, maldigo al partido que se mancha de todo menos de poesía.





Elur-zelaian

Elurrean pauso:

inoiz ez jakin

oina noiz pausatuko.



Paisaje nevado

Al pisar la nieve

nunca se sabe

si se hará pie.


Del libro Botoi bat bezala / Como un botón (Anaya, 1999)


Eztiurezko bertsoak

(Antoniori)



Urezko bertsoak

zure hatzetatik,

poesia bustia

errekastoen erritmoan

de Bastabales caminho

por la tarde calada,

itsasora bidean

Vigoko itsas adarrean aurrera

bihotz-zabalik,

bide eginez

adiskideen erraietan,

maite dituzunen barruetan,

oskorriari begira dauden begietan,

ez orban ilunari

laranja gozo bati baizik,

etsitzen ez duten begietan,

etsi ez, etsi ez.





Versos de aguamiel

(para Antonio)



Versos de agua

manan de tus dedos,

poesía húmeda

con ritmo de río

camino de Bastabales

por la tarde callada,

camino del mar

por la ría de Vigo

a corazón abierto,

camino de las entrañas

de tus amigos,

de tus seres queridos

y de los que miran al ocaso

no cual mancha lúgubre

sino apetitosa naranja

para ojos que no cesan,

que no cesan, que no cesan.


Juan Kruz Igerabide, inédito.