domingo, 30 de diciembre de 2012

Recitais: a emoción da poesía en voz alta

A lo largo de los muchos años que Antonio García Teijeiro lleva dedicados a la literatura, ha participado en múltiples encuentros y recitales destinados a promover la poesía y la creación literaria entre los más pequeños, los maestros, los educadores y el público lector en general. Recientemente, Antonio ha tenido la oportunidad de tomar parte en dos emotivos recitales poéticos, uno en Vigo y otro en Porto, junto con otros poetas como Juan Carlos Martín Ramos, João Pedro Mésseder y Vergílio Alberto Vieira. En el siguiente artículo, Antonio rememora lo vivido en dichos recitales, ilustrando sus reflexiones con algunos textos propios y otros salidos de la pluma de los demás poetas participantes. Presentamos el artículo en su versión original en lengua gallega.

Quen me coñece sabe da miña paixón pola poesía. Quen me coñece sabe da miña dedicación a ela. Sabe, quen me coñece, que veño loitando por facela visible, como autor e como divulgador. Sabe, ademais, dos meus esforzos tan variados como múltiples indo ás escolas para animar os alumnos e mestres a que estea presente nas aulas; e tamén dando conferencias, participando en mesas redondas, facendo viaxes por España, Miami, A Habana ou Colombia. Quen me coñece sabe que vou encantado por Galicia aos lugares máis recónditos participando en sesións de bibliotecas, organizacións dedicadas ao fomento da lectura, á asociacións de veciños ou medios universitarios.


E vou a estes sitios para apoiar e estimular a bibliotecarias/os, mestres e mestras que están a desenvolver labores marabillosos en situacións ben precarias, bastante desasistidos, pero cun entusiasmo que emociona. Homes e mulleres, convencidos de que os poemas xogan un papel importante na formación do seu alumnado.

Quen me coñece sabe que sempre ando con libros de poemas de moi distinto signo.

A poesía vén decote comigo. Preciso dela e endexamais me abandona. Quen me coñece sabe do esforzo que estou a facer para que os cativos comecen desde as primeiras idades a familiarizárense coa sedución dos versos.

E saben, tamén, que non son o único. Que hai outros/as poetas que están a pecorrer os mesmos camiños ca os meus. Somos persoas que cremos no que sentimos e intentamos para dignificar a palabra poética desde a LIX.

Quen me coñece ten ben claro que non deixo de repetir, a quen me queira escoitar, a necesidade de introducir a poesía na escola en voz alta, que os docentes responsables deben buscar poemas axeitados á características dos seus alumnos, que hai que contaxialos, que deben perder o medo e desbotar prexuízos persoais porque aos nenos e nenas lles gusta a poesía.Gozan con ela se se lles presenta con ilusión. E saben estes docentes que terán que cargar, demasiadas veces, coa incomprensión dos compañeiros e ese medo que amosan os adultos, en xeral, diante dos versos.

Quen me coñece sabe moi ben que afirmo, con rotundidade, que a poesía non se enseña, fíltrase, e que a tarefa dos mediadores/as non consiste en facer nenos poetas, senón seres que amen a poesía, como di o meu amigo e grande escritor, Gabriel Janer Manila.

Quen me coñece sabe que manteño o enorme poder da poesía, verdadeira literatura en estado puro. E esa que se vai filtrando pode facer que, co paso do tempo, chegue a intimar fondamente con aqueles que racharon a barreira do esforzo. Eses lectores e lectoras, léndoa, van coñecerse mellor e descubrirán con gozo ou con rabia, segundo a lectura e a personalidade de cadaquén , as diferentes arestas desta nosa sociedade.

E xa que falo da poesía en voz alta, teño que loar os diversos recitais que escritores/as fan ao longo dos meses en distintos lugares públicos.

Eu tiven a satisfacción de participar en dous moi especiais, un en Vigo no mes de novembro e outro a primeiros de decembro en Porto. Digo especiais, porque lemos en alto poemas infantís (ou para nenos de todas as idades) por unha banda; e pola outra, porque léronse poemas en galego, portugués e castelán. Foron dous actos dunha emoción e unha intensidade impresionantes. Dous actos que penetraron nos sentimentos de todos nós dunha maneira directa e gozosa.

O ambiente creado resultou indescritible. O efecto producido, púxonos en moitos intres, a pel de galiña. Silencios que seguían os versos recitados, atención máxima a todo o que alí se lía e dicía. Olladas cargadas de emoción. Parecía que o aire se cortaba e o tempo se detiña oíndo os poemas. A poesía xa non era nosa. Era de todos os asistentes. Unha mostra máis de que gusta escoitar poesía en voz alta. Dous actos nos que a palabra poética era compartida por todos e todas. Era a palabra poética a verdadeira protagonista dos eventos.

Dúas quendas de cinco ou seis poemas por autor, diferentes; cada un co seu estilo e a súa maneira propia de dicir os versos.

E antes de pasar aos actos, dicir que nas diversas mesas nas que participei me acompañou unha foto de Paco Ibáñez. Unha clara reivindicación a un home honesto, dedicado completamente á poesía e a quen, penso eu, non se lle deu o recoñecemento popular que merece. Coa súa guitarra segue a levar a poesía española, galega, en eúscaro e catalán polos escenarios de todo o mundo. Moitos quixeran soterralo pero é imposible. Enche os teatros e consegue unha comunicación co público autenticamente prodixiosa. É o triunfo da autenticidade. De aí a miña pequena homenaxe a quen eu considero o meu mellor profesor de literatura.

O recital en Vigo




NO ACTO DE VIGO, catro poetas, Vergílio Alberto Vieira, João Pedro Mésseder, Juan Carlos Martín Ramos e eu mesmo, lemos os nosos poemas dentro do marco das “I Jornadas internacionales de LIJ, promoción de la lectura y prácticas educativas”. Unha iniciativa da Escuela Universitaria CEU de Magisterio de Vigo e a LIJMI da Universidade de Santiago de Compostela. Debo salientar, chegado este punto, o labor de investigación seria que están a realizar Blanca-Ana Roig Rechou e o seu grupo de persoas que están a poñer os alicerces para que se estudie de maneira científica as obras dunha LIX galega que medra cada día que pasa. Vaia desde aquí o meu recoñecemento a elas polo seu entusiasmo e rigor. E non podo esquecer a José António Gomes (ESE. IPP. de Porto) polo seu traballo conxunto na Rede temática de Investigación “Las literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano”, polo seu saber e a súa capacidade de expoñer os diversos temas relacionados coa lectura. E quero aproveitar para facer un chamamento para que a interesantísima revista que dirixen ambos os dous, Malasartes, chegue a Galicia dun xeito normalizada. É unha publicación luso-galega , dun alto valor literario, que debería estar nos centros de ensino e bibliotecas do noso país.

Unha vez contado todo isto, anímovos a que leades algúns poema lidos no recital.

De Juan Carlos Martín Ramos o seu poema, "Poemamundi", do libro do mesmo título, editado por Anaya.

He soltado una bandada

de palabras

que atraviesan las nubes

y las fronteras,

Van y vienen

a merced de los vientos,

navegan por el cauce

de los ríos,

se enredan

en las copas de los árboles,

sobrevuelan montañas

y dejan sus huellas

a lo largo

de todos los caminos.

Algunas palabras

tal vez

se han perdido

en medio de la selva

o en el fondo del mar.



He escrito un verso

con palabras viajeras,

un verso alrededor del mundo.

Empieza y acaba en mi ventana,

salió de mis manos

sin rumbo fijo

y vuelve con el eco de otras voces

y otros latidos de la tierra.



De Vergílio Alberto Vieira, "Gatafunhos", do libro Sonhos de gato, editado por Editores Unipessoal, Lda. 7 días 6 Noites.

No planetário egípcio,

Os signos zodiacais

Esperam o ano propício

Das constelações boreais.



Sem atender ao efeito,

Todas as fases lunares

Formam un círculo perfeito

Em torno dos seus lugares.



Se o horóscopo indicasse

O que os deuses querem de nós,

Talvez o homem voltasse

A falar a uma só voz.



E agora tres pequenos poemas, moi fermosos, de João Pedro Mésseder, do seu libro Trocar as voltas ao tempo, editado por Edições Éterogémeas.



- Quantos meses tem o ano?

- Doze meses. Há que errar?

- Pois eu cá quería os doze

E mais um p´ra descansar.



………………



Quantas semanas num mês?

- Quatro ( e uns días sem salário…)

- Pois eu cá quería cinco,

p´ra estontear o calendário.

………………..

O tempo, sempre a correr,

nem tempo tem p´ra brincar;

alguém anda a não querer

que se pare p´ra pensar.



E agora un dos que lin eu, do meu libro Paseniño, paseniño, editado por Everest-Galicia.



Hai moitos ollos no mundo,

ollos ledos e baleiros,

pequerrechos, preguiceiros,

ollos tristes e profundos.



Ollos ollando os abrentes,

ollos con olladas frías,

ollos de noites e días,

olladas de ollos doentes.



Ollos claros e marróns,

azuis, negros, verde escuro,

ollos que baten nos muros,

ollos-corisco e limón.



Ollos das pombas feridas,

ollos limpos, meiguiceiros,

ollos que aluman carreiros,

ollos de olladas perdidas.



Hai moitos ollos na terra,

ollos ollando as olladas

doutros ollos e as moradas

de tantos ollos que berran.



Tras o recital, Juan Carlos Martín Ramos pediu a palabra para ler un poema alusivo ao acto que levantou fortes aplausos.

Reproducímolo aquí:



Facer click na imaxe para aumentar o seu tamaño

O recital en Porto


NO ACTO DE PORTOhoubo unha mesa redonda conmemorando os vinte e cinco anos do Premio Merlín de LIX. Nela participaron catro gañadores deste Premio (Ramón Caride, Fina Casalderrey, Antonio García Teijeiro e Marcos Calveiro). Tamén participou nela, o director de Edicións Xerais de  Galicia, Manuel Bragado. A presentadora deste acto foi Blanca-Ana Roig Rechou, quen falou cun agarimo enorme dos participantes. Os catro gañadores do Premio, explicaron o que supuxo para eles gañar un premio tan prestixioso e o director da editorial deixou clara a importancia deste premio no desenvolvemento da LIX galega. Ademais, leron poemas nun acto moi fermoso, tamén presentado por Blanca-Ana Roig Rechou, quen fixo unha loa entrañable de cada poeta, Vergílio Alberto Vieira, João Pedro Mésseder e Antonio García Teijeiro.


Unha nova oportunidade de escoitar a poesía na voz dos propios poetas. Algo que debería ser máis corrente do que vén sendo na realidade.

Leamos un novo poema do primeiro, do seu libro Sonhos de gato.

O poema chámase "O lugar dos gatos".


De todos, e cada um,

São, pois, os lugares pertença.

Já não ter lugar nenhum

É coisa que não compensa.



As coisas não têm lugar,

As pessoas lugar têm.

Telhados são para ocupar

Por gatos, e mais ninguém.



Uns privados, outros comuns,

Lugares, porém, todos são.

Só que os lugares de alguns

Existem por outra razão.



Dispor de lugar é , pois,

O que a um gato nem se põe.

Ás vezes vale por dois

O lugar de que dispõe.



Pôr-se no seu lugar, então,

É o que o gato sempre faz,

Com a melhor intenção

De que um gato é capaz.



Despois tocoume a min, ler os meus poemas. Vou poñer aquí dous poemas de Recendos de aire sonoro, editado por Edicións Xerais de Galicia.



Azulzul violeta

o son da trompeta

e o verde marrón

o do saxofón

e o gris e o laranxa

nos pasos da danza

e un negro sen fin

procura o violín

un branco de xeo

quere o violoncelo

grilandas de festa

envolven a orquestra.



E o segundo é unha pequena homenaxe ao meu admirado Bob Dylan.



Cunha guitarra na man

cantou o cambio dos tempos.

Buscou respostas na rúa.

Viunas soprando no vento.



E cerrou o recital, o poeta João Pedro Mésseder, de quen deixo aquí dous poemas do seu libro Pequeno livro das coisas, editado pola editorial Caminho S.A.



Primeiro barco

Um ramo dormia

á flor das águas.

Saído da gruta,

na margem sentado,

un homem hirsuto

olhava ese barco,

olhava sonhando…



E o segundo chámase "Velho banco de jardim". Di así:



De que arcos me faço,

que arcos me façem,

se visto de lado!

Sou mais do que um S,

sou quase uma lira,

se visto de lado!

Som como un harpejo,

no ar, inclinado,

um curvo desejo.

E se muitos em mim

aos pares se sentaram

foi só p´ra esperarem

o momento de um beijo.


O auditorio, case cheo, premiou a palabra poética. Foi moi conmovedor. Unha vez máis, a poesía EN VOZ ALTA traspasou a fronteiras da emoción.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO